jueves, 13 de marzo de 2014

GREQUEANDO A PLATERO (I)

Comezamos hoxe na clase de Lingua Galega de 6º co novo proxecto no que nos embarcou o "profe". 

Chámase GREQUEANDO A PLATERO e consiste en disolver no mesmo vaso os 400 ANOS DA MORTE DE "EL GRECO" e os 100 ANOS DA PUBLICACIÓN DE "PLATERO Y YO".

Despois de darlle moitas voltas, e varias treboadas de ideas, decidimos facer uns vídeos mesturando os cadros de "El Greco" coas palabras de Juan Ramón Jimenez.

Os vídeos están feitos con unha ferramenta de ipad  (o do profe) chamada MORFO BOOTH, que coñecemos gracias a @Anuska72.

A nosa idea é facer un vídeo de cada capítulo do libro, que por certo, despois de moito traballo, conseguimos na nosa lingua.

Esperamos que vos guste.

CAPÍTULO 1: PLATERO

)


CAPÍTULO 2: BOLBORETAS BRANCAS

)