Mostrando entradas con la etiqueta grequeando a platero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta grequeando a platero. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de mayo de 2014

GREQUEANDO A PLATERO (XI)

CAPÍTULO XXII: RETORNO

Viñamo-los dous, carregados, dos montes: Platero de "almoraduj"; eu de lirios amarelos.
Caía o serán de Abril. Todo o que no poente tiña sido cristal de ouro era logo cristal de prata...




CAPÍTULO XXIII: A CANCELA CHOIDA

Sempre que íamos para a adega do Diezmo eu daba a volta rentes da parede da rúa de San Antón, e viña dar onde a cancela choída que dá para o campo. Puña a miña faciana contra dos ferros e guichaba, para dereita e para esquerda, sacando os ollos aceiantes, todo canto a miña vista podía acadar...



CAPÍTULO XXIV: DON XOSÉ, O CREGO

Xa, Platero, vai unxido e falando melosiño. Aínda que, na realidade, a que sempre é anxélixa é a súa burra, a señora.
Coido que xa o tes visto algún día, na súa horta, calzóns de mariñeiro, sombreiro ancho, ceibando palabrotas e croios contra dos rillostes que viñan a lle roubar as laranxas.




viernes, 16 de mayo de 2014

GREQUEANDO A PLATERO (X)

CAPÍTULO XX: O LORO

Estabamos a enredar con Platero e co loro, na horta do meu amigo, o médico francés, cando unha muller moza, desordeada e anceiante, chegou, costa abaixo, onda nós.



CAPÍTULO XXI: A AZOTEIA

...Ti, Platero, aínda non tés subido enxamáis á azoteia. Non podes, daquela, saber que fonda respiración anchea o peito cando, ó saires a ela, desde a escadeiriña escura de madeira...





lunes, 12 de mayo de 2014

GREQUEANDO A PLATERO (IX)

CAPÍTULO XVIII: O PANTASMA

...Enxamáis esquecerei, Platero, aquela noite de setembro. A treboada petaba enriba do pobo, facía unha hora, tal que un corazón ruín, descargando auga e corisco, entre a adoecida insistencia do lóstrego e do trono...



CAPÍTULO XIX: PAISAXE GRANA

...Co seu fulgor, o piñeiral verde tórnase acedo, lenemente encandescido; e as herbas e as floriñas, acendidas e traslucentes, embalsaman o instante sereo dunha esencia mollada, penetrante e luminosa...




miércoles, 7 de mayo de 2014

GREQUEANDO A PLATERO (VIII)

CAPÍTULO XVII: O NENO BABECO

...Cantaba un paxaro no solitario umbral e lembreime de Curros (1), pai máis que poeta que, cando se quedou sin o seu neno, preguntáballe por el á bolboreta galega:
"Bolboreta de aliñas douradas..."

(1) CURROS ENRIQUEZ: poeta galego, nado en Celanova, que Juan Ramón Jiménez descubriu ao mesmo tempo que á tamén poeta galega Rosalía de Castro





miércoles, 30 de abril de 2014

GREQUEANDO A PLATERO (VII)

CAPÍTULO XIV: A CORTE
Diana que está deitada entre as patas de Platero vense onda min, bailarina, e ponme as súas mans no peito arelando laberne a boca coa súa lingua rosa...



CAPÍTULO XV: O POLDRO CAPADO
...Era negro, con tornasoles granas, verdes e azuis, todos de prata, tal que os escaravellos e os corvos...




CAPÍTULO XVI: A CASA DE ENFRENTE
...As tardes claras, as sestas de choiva, a cada cambio lene de cada día ou de cada hora, que interés, que atraemento tan extraordinario desde de miña fiestra...




martes, 22 de abril de 2014

GREQUEANDO A PLATERO (VI)

CAPÍTULO XI: O MORREDOIRO

Ti vive tranquilo, Platero. Eu enterrareiche ao pé dun piñeiro grande e redondo da horta da Piña, que a ti tanto che gosta. Estarás á beira da vida leda e serea...



CAPÍTULO XII: A PÚA

Platero deixoume a man derieta un pouco erguida, amosándome a rachiña, sen forza e sen peso, sen tocar case co casco na area ardente do camiño...



CAPÍTULO XIII: ANDURIÑAS

Xa están aquí, Platero, as anduriñas e case que nin se lles oe tal que outros anos, cando no primeiro día, en chegando, saúdan e curioseando todo, latricando sen apouso no seu rizado rechouchío...




jueves, 27 de marzo de 2014

GREQUEANDO A PLATERO (V)

CAPÍTULO VIII: XUDAS

...Xudas, hoxe, Platero, é o diputado, ou a mestra, ou o forense, ou o recaudador, ou o alcalde, ou a parteira; e cada home descarga a súa escopeta cobarde...



CAPÍTULO IX: AS BREVAS

...aínda, baixo das grandes figueiras centenarias, cuns troncos grisallos enlazaban na sombra fría, tal que... 



CAPÍTULO X: ÁNGELUS

Olla, Platero, que de rosas caen por ondequer; rosas azuis, rosas brancas, sen cor... Diríase que o ceo se desfai en rosas...




jueves, 20 de marzo de 2014

GREQUEANDO A PLATERO (IV)

CAPÍTULO V: CALOFRÍO


... Platero, non sei se co seu medo ou co meu, trota, métese no arroio, pisa a lúa que deixa escachizada...



CAPÍTULO VI: A MIGA

... Miga era a escola ou "kindergarten" de dona Benita Barroeta, á que asistiu Juan Ramón Jiménez, entre os catro e seis anos...



CAPÍTULO VII: O TOLO

... Vestido de loito, coa miña barba nazarena e o meu breve chapeu negro...




lunes, 17 de marzo de 2014

viernes, 14 de marzo de 2014

GREQUEANDO A PLATERO (II)

O prometido é deuda... cada día, un capítulo

CAPÍTULO 3:  XOGOS DO ANOITECER 

...
Mi padre tiene un reloj de plata
y el mío, un caballo
y el mío, una escopeta
...





jueves, 13 de marzo de 2014

GREQUEANDO A PLATERO (I)

Comezamos hoxe na clase de Lingua Galega de 6º co novo proxecto no que nos embarcou o "profe". 

Chámase GREQUEANDO A PLATERO e consiste en disolver no mesmo vaso os 400 ANOS DA MORTE DE "EL GRECO" e os 100 ANOS DA PUBLICACIÓN DE "PLATERO Y YO".

Despois de darlle moitas voltas, e varias treboadas de ideas, decidimos facer uns vídeos mesturando os cadros de "El Greco" coas palabras de Juan Ramón Jimenez.

Os vídeos están feitos con unha ferramenta de ipad  (o do profe) chamada MORFO BOOTH, que coñecemos gracias a @Anuska72.

A nosa idea é facer un vídeo de cada capítulo do libro, que por certo, despois de moito traballo, conseguimos na nosa lingua.

Esperamos que vos guste.

CAPÍTULO 1: PLATERO

)


CAPÍTULO 2: BOLBORETAS BRANCAS

)